RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

A iniciativa de confirmación de asentos contribúe a unha asistencia récord en ABANCA-RIAZOR

A iniciativa de confirmación de asentos posta en marcha polo Club volveu demostrar que o deportivismo entende, comparte e apoia o obxectivo común de encher ABANCA-RIAZOR.

A pesar da existencia dalgunha voz discordante, a resposta global da afección foi sobresaliente e traduciuse nunha asistencia sen precedentes esta temporada. Un total de 28.577 afeccionados deron brillo a unha preciosa noite de fútbol, asinando a mellor entrada do curso no estadio.

Esta cifra supera amplamente os 25.860 espectadores rexistrados na xornada 2 de LaLiga Hypermotion e queda moi por encima dos 17.875 que acudiron á anterior eliminatoria copeira fronte ao RCD Mallorca.

Os datos son claros e falan por si sós: o deportivismo, na súa amplísima maioría, volveu mostrar o seu compromiso e a súa colaboración activa co Club nun obxectivo estratéxico que vai máis aló dun partido concreto. 

Encher ABANCA-RIAZOR non é só unha meta operativa, é un aceno de identidade e unha fortaleza competitiva que a afección segue sostendo con feitos.

Neste éxito foi clave o labor dos medios de comunicación, cuxo enorme apoio e esforzo de divulgación para explicar os beneficios da iniciativa contribuíron de maneira decisiva á súa boa acollida. 

O Club quere agradecer expresamente o papel tan relevante desempeñado polos medios coa divulgación da iniciativa.