RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A menos de 100 socios para os 30.000

Este mércores 10 de setembro rexistráronse nas oficinas do club na Mariña 29 novas altas de socios, que fan un total de case 1.488 novas altas no que vai de tempada. A día de hoxe, o número actual de socios é de 29.904, a menos de 100 xa dos 30.000.

Por outra banda, o Consello de Administración do R.C. Deportivo solicita a todos os seus socios, abonados e afeccionados que, na medida do posible, pasen polas oficinas da Mariña a retirar o seu abono para a fase da liga de Campións e desta forma evitar así as colas de última hora. Así mesmo, destacan a posta en marcha dun servizo teléfonico que permite aos socios adquirir o seu abono para a primeira fase de Liga de Campións sen moverse de casa.
Se es socio do Deportivo podes adquirir o abono para o tres encontros por teléfono chamando ao 902 43 44 43 e unha vez adquirido poderás recollelo na oficina de Caixa Galicia que indicases no momento de efectuar a compra.