RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

A Oficina de Atención ao Deportivismo estrea desde este luns 15 de setembro novo horario

A Oficina de Atención ao Deportivisimo (OAD), sita na entrada aos palcos VIP de ABANCA-RIAZOR na Avenida de La Habana, estrea novo horario desde este luns 15 de setembro.

Así, de luns a xoves permanecerá aberta de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00.

O venres, a atención aos deportivistas será de 9:15 a 14:30 horas.

A Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD), é o punto de encontro entre o RC Deportivo e #ANOSAFORZA. Nela aténdense de forma personalizada todas as suxestións, propostas e inquietudes dos seus accionistas, persoas socias e seguidoras en xeral.

O obxectivo da OAD é asistir e contribuír con atención, dedicación e eficiencia cada deportivista. En definitiva, unha proposta de valor diferencial centrada en achegar solucións e optimizar a atención de todos e cada un dos nosos afeccionados e afeccionadas.

Tamén se pode contactar nesta dirección de correo electrónico: atencion.deportivista@rcdeportivo.es; e neste teléfono: (+34) 981 259 500 ext. 1.