A orzanista Antía Veiga regresa á selección española sub-16
Antía Veiga Caramés (Ames, A Coruña, 9 de maio de 2009) foi de novo convocada para uns adestramentos coa selección española sub-16 que terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) do martes 5 ao xoves 7 de novembro.
A gardameta orzanista xa participou nunhas sesións de traballo deste combinado nacional a finais do pasado mes de setembro, xusto despois participar coa sub-17 en dous amigables ante Inglaterra en Alfaz del Pi.
Antía Veiga adestrouse esta pretemporada co primeiro equipo e chegou a debutar no amigable ante o Real Oviedo Femenino disputado o pasado 21 de agosto en Abegondo.
Con ficha do Orzán SD Cadete, a canteirá branquiazul é habitual nas convocatorias do Deportivo ABANCA B en Tercera Federación.