RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A prensa francesa destaca ao Deportivo e á Coruña

Os diarios franceses dedican amplos reportaxes ao Deportivo da Coruña, primeiro rival do Lille en UEFA Champions League. Os rotativos falan con Bassir que lembra a súa etapa coruñesa con nostalxia.

Os diarios destacan que A Coruña ten douscentos cincuenta mil habitantes, un porto con moito traballo, calidade de vida, Zara e o Deportivo. Ademais, os rotativos galos destacan que os coruñeses están moi orgullosos da súa cidade e o seu equipo e que Riazor se enche domingo a domingo de afeccionados, moitos deles -di as diario- mulleres, que participan da euforia colectiva e cada vez son máis e máis numerosas nas bancadas.

Os diarios falan con Luís Fernández, que destaca que o Deportivo é un grande de España aínda que aínda non o sexa de Europa. O técnico destaca o traballo de Irureta, a calidade de Makaay e a técnica de Tristán.

Salaheddine Bassir, ex xogador do Deportivo agora nas filas do Lille francés, lembra os seus dous primeiros anos na Coruña con agarimo aínda que os recordos dos dous últimos non son tan bos.