RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A RC Deportivo Fundación destina o brazalete solidario do mes de febreiro á loita contra o cancro

A iniciativa Brazaletes Solidarios impulsada pola RC Deportivo Fundación está dedicada este mes de febreiro á loita contra o cancro, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Con esta acción o Club quere mostrar o apoio ás persoas que loitan contra a enfermidade e ás súas familias, así como contribuír ao labor de prevención, investigación e acompañamento que realiza a AECC.

O brazalete, que lucirán os primeiros equipos masculino e feminino, convértese nun símbolo de esperanza, forza e unión de toda a familia deportivista cunha causa que nos toca a todos.

O proxecto Brazaletes Solidarios é unha iniciativa innovadora e con alto valor social, deseñada pola RC Deportivo Fundación para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada.

O mes de outubro o brazalete solidario estivo dedicado á saúde mental a través de FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia); o de novembro, á infancia con Dignidade Galicia; o de decembro á discapacidade a través de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade); e o de xaneiro, á educación coa ONG EDUCO.