RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A RFEF comunica ao Club a suspensión do partido entre o Dépor ABANCA e a Real Sociedad

A Real Federación Española de Fútbol comunicou esta tarde ao Club a suspensión do encontro da Primeira Iberdrola entre o Deportivo ABANCA e a Real Sociedad, previsto en principio para mañá sábado 21 de decembro en Abegondo (13:00 horas, GOL).

O ente federativo apóiase na alerta metereológica por temporal de vento e choiva emitida pola Xunta de Galicia, que obrigou tamén á Federación Galega a suspender todos os partidos de fútbol 11 e fútbol 8 na comunidade.

O equipo deportivista, que se adestrou esta tarde en Abegondo, colle xa as vacacións de Nadal e regresará aos adestramentos o luns 30 de decembro ás 17:00 horas.