O Mundo do Fútbol dispón dunha ampla sala de prensa que conta con todas as comodidades para que os medios de comunicación poidan cubrir os eventos que alí se celebran.
Así mesmo, pola súa versatilidade, esta mesma sala emprégase para charlas de técnicos e profesionais nos cursos que se celebran nas instalacións que requiren de proxeccións audiovisuais.