O Deportivo presentou un equipo formado por: Molina, Romeu, Hélder, Donato, Manuel Pablo, Samapio,Mauro Silva, Fernando, Djalminha, Víctor e Diego Tristán.
Polo Villareal comezaron o partido: López Vallejo, Galván, Quique Álvarez, Unai, Arruabarrena, Escoda, Amor, Cagna, Quella, Víctor e Bruno Marioni.
O partido comezou cun Deportivo moi forte, proba diso o balón ao pau no minuto 3 tras un saque de falta de Djalma que rexeitou a barreira. Froito deste dominio chegaría no minuto 10 o gol de Djalminha nunha preciosa de xogada na que Diego Tristán deixaba pasar entre as pernas un balón perpendicular desde medio campo. Ao mesmo tempo o brasileiro rompía o fóra de xogo e chegaba a tocar o balón antes de que López Vallejo puidese atrapalo e o balón metíase na portaría rozando o pau dereito.
A partir deste gol o Villareal cambiaría o signo do partido e faríase coas rendas do mesmo creando constantes ocasións de gol cos seus roubos de balón no medio campo grazas á presión e as entradas por banda de Cagna e Quella.
Romeu vió o único cartón amarelo da primeira parte por unha dura entrada sobre Cagna.
No minuto 37 Djalminha tíñase que retirar do campo, presumiblemente con algún problema físico, e entraba Scaloni, co que Víctor pasou á media punta e Scaloni a jercer as funcións do interior.
Con todo co cambio non cambiaron as cousas e froito das constantes chegadas do Villareal chegaría o tremendo disparo de Víctor desde a frontal á escuadra da portaría de Molina que non puido facer nada por atrapar o esférico.
Tras un minuto de desconto terminaría a primeira parte. A segunda comezaría de igual forma que terminou a primeira con dominio do Villareal e un Deportivo que tentaba sacudirse o dominio dos contrarios. Para iso Irureta daría entrada no minuto 11 a Pandiani substituíndo a Diego Tristán. Froito deste cambio chegaría o segundo gol deportivista cun remate raso do uruguaio tras un pase maxistral de Mauro Silva. Era o minuto 22, e Guillermo Amor vería o cartón amarelo por pretestar ao árbitro sobre a posición ilegal de Pandiani na xogada.
Pese ao resultado o Villareal continuou exercendo o seu xogo. Antes do gol, no minuto 19 Galván saía do campo e entraba Xavi Roca. No 26 Berce por Marioni e no 29 Berruet por Quique Álvarez. Con estes cambios o Villareal non perdeu en ningún momento a súa intensidade defensiva e a presión no medio campo, o que lle permitiu roubar balóns rapidamente e seguir entrando por banda con forza coas internadas de Víctor, sen dúbida o mellor xogador do encontro.
No minuto 37 Víctor de novo recibía un balón fose da área, esta vez escorado á beira dereito,internábase e batía a Molina de disparo raso cruzado.
O Villareal non se contentou co empate e continuou presionando e creando ocasións, froito das cales, no minuto 48, chegaría o terceiro e definitvo gol, na última xogada do encuetro. Tras unha serie de rexeites o balón chegaría a Víctor en banda dereita, o centro deste sería rematado por Moisés na súa entrada ao segundo pau.
