RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A terceira edición do DéporCampus Cabreiroá de Cee arrancará o 3 de xullo

O pasado mércores 7 de xuño celebrouse a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Cee, que se realizará na localidade costeira a primeira semana do próximo mes de xullo.

Esta será a terceira edición deste DéporCampus Cabreiroá, despois do éxito dos seus dúas anteriores edicións na comarca e do convenio a tres bandas entre o concello de Cee, as Escolas Luis Calvo e a Fundación RC Deportivo co que se desexa seguir achegando aínda máis o Dépor e o deportivismo á Costa da Morte.

Á presentación, que tivo lugar no consistorio ceense, acudiron Margarita Lamela, alcaldesa de Cee; Ramón Iglesias, presidente do Unión Club Cee, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 3 e 7 de xullo. O escenario será o campo de San Paio de Refoxos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Cee e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do mércores día 28 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.