RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A TVG súmase ás retransmisións da Primera Federación

Televisión de Galicia, Esport3 e IB3 ofrecerán desde esta fin de semana cinco partidos de cada xornada en Primera Federación.

O acordo únese ao subscrito pola RFEF con InStat TV, que garante a emisión en directo de todos os partidos da categoría e a temporada.

O partido CA Osasuna B-CD At. Baleares deste sábado ás 16:00 h. con sinal en directo de IB3 será o primeiro que poida verse a través dunha televisión autonómica, mentres que Esport3 ofrecerá dous partidos cada xornada comezando polo FC Barcelona Atlètic-CD Castellón e o Gimnàstic de Tarragona-UD Logroñés, por dous tamén programados na grella de TVG (RC Deportivo-Dux Internacional e Pontevedra CF-AD Alcorcón) esta mesma xornada.