RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

A xornada acaba cun empate do Fabril en Bouzas e medalla de bronce do Benjamín A en Oviedo

Hoxe domingo, a xornada para as categorías inferiores finalizó co empate do Fabril na súa visita ao Rápido de Bouzas. O filial suma dez partidos sen coñecer a derrota.

Cinco equipos da canteira (Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Cadete B) renovaron este fin de semana os seus respectivos campionatos ligueiros.

Os dous equipos xuvenís e o Cadete A xogaron, e gañaron, en Abegondo. O Cadete B caeu en Carballo co Bergantiños.

Para os demais equipos da canteira deportivista houbo descanso do Nadal, salvo para o Benjamín A, que logrou unha meritoria terceira posición no torneo amigable Vallobín DC 9 de Oviedo. Os branquiazuis gañaron todos os partidos e só empataron en semifinais, logo derrota na quenda de penaltis.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
RÁPIDO DE BOUZAS 1 - FABRIL 1 (Sam)

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 1 (Hugo) - SPORTING DE XIXÓN 0

Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Boedo e Iago Novo) - COMPOSTELA 1

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 4 (Víctor (2), Nico e Mosquera) - LALÍN 0

Liga Galega, grupo 1º: BERGANTIÑOS 1 - CADETE B 0

Categoría benjamín
Torneo Vallobín DC 9 no campo do Naranco (Oviedo)

Primeira Fase
CULTURAL LEONESA 0 - BENJAMÍN A 6 (Javi Barral (3), Marco Baña, Joan e Meki)
CENTRO ASTUR B 1 - BENJAMÍN A 2 (Meki e Dani)
BENJAMÍN A 3 (Javi Barral (2) e D. Domínguez) - E.F. CONCEPCIÓN 2
CENTRO ASTUR A 0 - BENJAMÍN A 3 (Joan (3))
BENJAMÍN A 5 (Marco Castro (3), Meki e Domínguez) - QUIRINAL 1

Semifinal
BENJAMÍN A 4 (Dani, Domínguez,  Meki e Iago) - VALLADOLID 4. Por penaltis: 2-3

Terceiro e cuarto posto
BENJAMÍN A 2 (Marco Baña e Manu) - OVIEDO 1