RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aarón Sánchez regresa por 2 temporadas ao Fabril con opción de ampliación por parte do Club

Aarón Sánchez Sánchez (A Coruña, 5 de febreiro de 1998) regresa ao Real Club Deportivo para incorporarse ao Fabril para as dúas próximas temporadas. Procedente do Silva SD, equipo no que xunto ao Racing de Ferrol estivo os dous últimos anos, Aarón volve á que foi a súa casa ao longo de todo o seu proceso formativo como futbolista, sendo ademais un dos referentes e capitáns dos diferentes equipos de #anosacanteira nos que militou. Aarón chegara a participar co primeiro equipo na pretemporada 2017-2018.

Máis aló das dúas próximas campañas, o Club resérvase o dereito á ampliación do contrato do futbolista coruñés, recoñecido como mellor cadete de España hai un lustro e irmán dunha das grandes promesas da canteira do Dépor Abanca, a internacional española Carlota.