RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

ABANCA-RIAZOR, espazo libre de fume

O Consello de Administración do RC Deportivo aprobou esta semana a declaración do Estadio ABANCA-RIAZOR, durante os partidos organizados polo Club, como espazo libre de fume. A medida terá vixencia desde o vindeiro sábado 30 no partido contra a UD Logroñés.

Após a finalización das restricións determinadas pola pandemia, entre as que se incluía a prohibición de fumar nas instalacións, o RC Deportivo quere manter esta medida en aras da convivencia saudable entre o público que acode ao Estadio ABANCA-RIAZOR, protexendo especialmente aos moitos menores que acoden aos partidos do Dépor e respectando aos Deportivistas non fumadores que se dan cita nas instalacións branquiazuis.

Con esta medida, o Club e a súa Fundación seguen aliñando as súas accións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas, concretamente o número 3: garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades é esencial para o desenvolvemento sustentable, e a súa meta 3.4: para 2030, reducir nun terzo a mortalidade prematura por enfermidades non transmisibles mediante a prevención e o tratamento e promover a saúde mental e o benestar.