RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

ABANCA-RIAZOR foi por unha mañá o Stadium Gal de Irún

ABANCA-RIAZOR transformouse esta mañá no Stadium Gal de Irún, escenario do próximo partido ligueiro do Dépor este sábado 9 de outubro (17:00 horas, Footters) fronte ao Real Unión, correspondente á 7ª xornada.

Borja Jiménez, técnico deportivista, dispuxo após un quecemento dun partido once contra once a todo o campo. O adestrador branquiazul realizou continuos cambios de xogadores e de posicións, co cinco sentidos postos nos retos que exporá o cadro irundarra ao Dépor. "É un equipo que xoga ben", advertiu Diego Aguirre en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR, á vez que enxalzou a fortaleza do Real Unión no seu terreo de xogo.

Pablo Trigueros e Valín adestráronse á marxe do grupo; e Yeremay, Noel, Alberto e Trilli, que realizou unicamente a primeira parte da sesión segundo estableceron os Servizos Médicos, foron a representación de #ANOSACANTEIRA esta mañá no primeiro equipo.

Mañá xoves 7 de outubro, o Dépor regresará a Abegondo para un adestramento de recuperación a partir das 10:30 que se desenvolverá unicamente no ximnasio e nas padiolas dos fisioterapeutas.