Texto íntegro da nota de prensa:
O Real Club Deportivo da Coruña S.A.D. informa que finalizaron as actuacións de comprobación e inspección da súa situación tributaria levándose a cabo en datas recentes a firma das correspondentes actas.
As actuacións inspectoras desenvolvéronse conxuntamente para todos os clubs de fútbol de Primeira División, excepto os pertencentes ao País Vasco que gozan dun réxime foral especial, e para as cales a Axencia Tributaria (AEAT) constituíu un equipo de traballo a nivel nacional que actuou en todo momento de forma coordinada. Esta fórmula de actuación marca un fito sen precedentes en ningún outro sector da economía española, na que nunca se deu a circunstancia de que todas as empresas dun mesmo sector fosen inspeccionadas de forma simultánea e coordinada, de maneira que todos os inspectores aplicaron os mesmos métodos e criterios durante as súas actuacións.
Os clubs de fútbol mantiveron discrepancias coa Axencia Tributaria en canto ao tratamento fiscal de determinadas operacións específicas da súa actividade, como son os dereitos de adquisición de xogadores, os dereitos de imaxe, o criterio de investimento do suxeito pasivo en IVE, o Plan de Saneamento do Fútbol, os ingresos das quinielas, ou os gastos de adaptación dos campos de fútbol aos criterios de seguridade esixidos. Todas estas circunstancias, nun sector que move importantes sumas de diñeiro nestes conceptos, ocasionará sen dúbida a extensión de actas de contía significativa nalgúns clubs, sen que iso supoña a existencia dun comportamento defraudatorio ou de ocultación de datos por parte dos clubs.
No caso do Real Club Deportivo da Coruña, a Oficina Nacional de Inspección levantou actas con resultado a devolver (é dicir, que a criterio da inspección o Club ingresara no seu momento máis do que lle correspondeu) en conceptos como Renda de Non Residentes ou Imposto sobre Sociedades. Á súa vez levantaron acta con resultado a ingresar en concepto de Retencións do Capital Mobiliario por detectar unha incorrecta aplicación de tipos. A este conxunto de actas, cun resultado global a devolver incluíndo intereses e recargas de 1.092.986,23 euros (181.857.607 pts), o Club deulle a súa conformidade por entender que se axustan á realidade das operacións realizadas e o criterio aplicado pola inspección é razoable.
Pola contra, o Club asinou en desconformidade as actas levantadas pola inspección polos conceptos de IRPF, Retencións IRPF e IVE, que en conxunto supoñen unha cota a pagar de 3.645.334,41 euros (606.532.611 pts), dispóndose a interpor recurso económico-administrativo e, eventualmente, contencioso-administrativo contra elas, xa que a xuízo do Club existen fundadas razóns de criterio que avalan a súa conduta fiscal, común en moitos casos co resto de clubs de fútbol, e con razoables expectativas de obter a razón ante os tribunais.
Especial mención en canto aos temas en desconformidade merecen as liquidacións de intereses practicadas pola inspección sobre conceptos como o investimento do suxeito pasivo en IVE, en que a pesar de non devengar cota no seu conxunto, aplícanse intereses a favor da AEAT sobre un suposto fiscalmente neutro, xa que en ningún caso xera ingresos para a Administración, por importe de máis de 3 millóns de euros (500 millóns de pts).
En definitiva, e a modo de resumo, o importe total das actas asinadas polo Club ascende a 6.875.120,77 euros (1.143.923.844 pts) das cales 2.907.943,63 euros (483.841.109 pts) corresponden a cotas, é dicir débeda fiscal en sentido estrito, e o resto son intereses e recargas.
ACTAS DE CONFORMIDADE (en euros):
TOTAIS | COTA | INTERESES | RECARGA | TOTAL DÉBEDA |
Total impto. renda non residentes | 237.214,46 | 36.058,51 | 19.551,21 | 253.721,76 |
Total IRPF | - | - | - | - |
Total RET. / ING a CTA | 96.012,31 | 19.449,83 | - | 115.462,14 |
Total IMPTO. Sociedades | 1.082.990,37 | 415.816,48 | 57.278,50 | 1.441.528,35 |
Total IVE | 486.801,74 | - | - | 486.801,74 |
TOTAL ACTAS CONFORMIDADE | 737.390,78 | 432.425,16 | 76.829,71 | 1.092.986,23 |
ACTAS DE DESCONFORMIDADE (en euros):
TOTAIS | COTA | INTERESES | RECARGA | TOTAL DÉBEDA |
Total impto. renda non residentes | - | - | - | - |
Total IRPF | 135.173,98 | 35.800,74 | - | 170.974,72 |
Total RET. / ING a CTA | 3.303.294,16 | 774.190,01 | - | 4.077.484,17 |
Total IMPTO. Sociedades | - | - | - | - |
Total IVE | 206.866,27 | 3.512.781,84 | - | 3.719.648,11 |
TOTAL ACTAS DESCONFORMIDADE | 3.645.334,41 | 4.322.772,59 | - | 7.968.107,00 |
COTA | INTERESES | RECARGA | TOTAL DÉBEDA | |
TOTAL XERAL | 2.907.943,63 | 3.890.347,43 | 76.829,71 | 6.875.120,77 |
ANÁLISE POR CONCEPTOS
- NON RESIDENTES
A devolución de impostos vén ocasionada pola cualificación como ?canones? dos dereitos de imaxe pagados a sociedades con residencia en países con convenio de dobre imposición.
O Real Club Deportivo practicara unha retención do 25%, e agora resulta unha retención menor (6% en Holanda e 10% en USA).
- IRPF
A regularización proposta pola AEAT ten a súa orixe na consideración como rendementos do traballo dos dereitos federativos adquiridos directamente a Lionel e Mauro Scaloni. O Club mantén o seu criterio de que se trata de adquisición de transfer, amparado na normativa da Federación Arxentina de Fútbol.
- RETENCIÓNS
Diferenza de tipos de retención, entre os practicados, 15%, e os que deberían practicarse, 25%
Cualificación por parte da AEAT como rendementos do traballo de determinados pagos realizados por dereitos de imaxe e por adquisición de xogadores.
Cualificación pola AEAT como rendas suxeitas a retención de determinadas indemnizacións pagas polo Club.
Retencións non aplicadas a retribucións en especie e outras diferenzas.
- SOCIEDADES
Aínda cando no seu conxunto as actas supoñen unha cantidade a devolver, debido aos axustes derivados da consideración pola AEAT como rendementos do traballo de determinados pagos por dereitos de imaxe e por adquisición de xogadores, nalgúns casos provocan a minoración de bases impoñibles negativas pendentes de compensar.
As causas deses ajuestes son as seguintes:
Cualificación pola AEAT como gasto non deducible a achega dos Clubs ao Plan de Saneamento de 1991, contrariamente ao criterio seguido en anteriores inspeccións.
Sujeción a IVE dos ingresos procedentes das Quinielas, contrariamente ao mantido en anteriores inspeccións e ao criterio doutros organismos da administración, que os cualifica como subvencións.
Obxeccións da AEAT para a deducibilidad fiscal de determinadas partidas de gasto.
Non aceptación pola AEAT do criterio establecido polo Consello Superior de Deportes para o tratamento contable e fiscal das obras de adaptación dos campos de fútbol.
- IVE
A maior parte da reclamación por este concepto obedece a intereses liquidados pola AEAT en operacións de investimento de suxeito pasivo, que en opinión do Club non proceden por tratarse dunha figura impositiva neutra a efectos recadatorios.
En canto a outras partidas que deron lugar a regularizacións fiscais deben sinalarse as seguintes:
Cotas indebidamente soportadas por considerar a AEAT como rendementos do traballo determinados pagos por dereitos de imaxe.
Cotas indebidamente soportadas por considerar a AEAT como non deducibles fiscalmente determinadas partidas de gasto.
Sujeción a IVE, segundo criterio da AEAT, dos cobros por quinielas.