RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Activada unha nova xornada Destino Dépor para o Deportivo-Numancia do mércores 18 a las 21:00.

Xa está activa unha nova xornada de Destino Dépor, servizo para os socios e afeccionados que residen fóra da cidade e que lles permite acudir aos partidos, aos abonados con unha achega solidaria de 1 euro por traxecto adicado integramente a proxectos sociais da Fundación Real Club Deportivo e aos afeccionados por un pequeno suplemento sobre a entrada de Preferencia Superior, que o Dépor xoga en casa.

Xa é posible inscribirse para viaxar Destino Dépor ao partido RC Deportivo - CD Numancia, que se xogará o mércores 18 de setembro de 2019 ás 21:00.

Custo:

-Socios: 2€

-Afeccionados (prezo xeral): 5€

Inscricións:

Para realizar e xestionar as túas inscricións debes acceder directamente na seguinte ligazón: http://destinodepor.rcdeportivo.es

Apertura de inscrición: 09/09/2019 10:00

Peche de inscrición: 15/09/2019 23:59

Publicación de rutas definitivas: 17/09/2019

O paquete Destino Dépor inclúe:

-Traslados en autocar

-Seguro de viaxe

-Entrada para asistir ao encontro (excepto no caso dos socios)

Avisos importantes:

Aqueles afeccionados que non se atopen á hora indicada nas paradas sinaladas tanto o traxecto de ida como de regreso corren o risco de perder o autobús. Dado que a posta en marcha do programa supón un investimento económico para o Club, só se activarán as rutas que teñan un mínimo 30 afeccionados inscritos. Por ese mesmo motivo os socios/afeccionados que unha vez inscritos se dean de baixa dunha ruta ou non acudan á mesma serán penalizados sen poder acceder á seguinte viaxe. Así mesmo, as prazas do autobús son limitadas, polo que unha vez completadas as prazas (por rigorosa orde de inscrición) non se aceptarán máis solicitudes para devandita ruta.

O dereito de uso gratuíto deste servizo outórgaselle unicamente ao titular do abono, polo que haberá un rigoroso control e no acceso ao bus deberá mostrarse o abono e DNI ao condutor.

DESTINO RIAZOR 1 
19:00 - MALPICA.- Parada de Bus
19:30 - CARBALLO.- Estación de Autobuses
19:45 - LARACHA.- Parada de Bus
20:00 - ARTEIXO.- Parada de Bus
20:10 - VILARRODÍS.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 2 
18:30 - SANTIAGO.- Estadio San Lázaro
18:45 - SIGÜEIRO.- Parada de Bus
19:00 - ORDES.- Parada de bus
19:15 - CARRAL.- Parada de Bus
19:30 - VILABOA.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 3 
18:30 - FERROL.- Inferniño
18:40 - FENE.- Parada de Bus Perlío-Froiz
18:50 - MUGARDOS.- Supermercado Familia
19:05 - ARES.- Porta do Sol
19:15 - PONTEDEUME.- Intercambiador
19:25 - MIÑO.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 4 
17:00 - VERÍN.- Estación de Autobuses
18:00 - OURENSE.- Cervecería Asgalla R/ Francisco Añón Paz, 1
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 5 
18:45 - MONFORTE DE LEMOS.- Estación de Autobuses
19:30 - SARRIA.- Estación de Autobuses
19:45 - LUGO.- Rúa Dinan (Cuartel da Garda Civil, detrás da Estación de Autobuses)
20:00 - RÁBADE.- Bar Bethoven
20:15 - BAAMONDE.- Tanatorio Iglesias
20:30 - GUITIRIZ.- Gasolinera
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 5-A 
17:45 - VIVEIRO.- Oficina de Turismo
17:55 - XOVE.- Parada de Taxis
18:15 - SAN CIBRAO.- Casa do Mar
18:25 - CERVO.- Concello
18:45 - BURELA.- Estación de Autobuses
18:55 - FOZ.- Concello
19:05 - LOURENZÁ.- Cabaleiros
19:20 - MONDOÑEDO.- O Rei das Tartas
19:50 - ABADÍN.- Praza
20:05 - VILALBA.- Estación de Autobuses
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 6 
18:00 - PONTEVEDRA.- Parada de Bus San Roque
19:15 - SANXENXO.- Estación de Autobuses
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 6-A 
18:30 - VILAGARCÍA.- Aparcadoiro da zona TIR (Diante entrada Peirao do Ramal)
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 6-B 
18:15 - ILLA DE AROUSA
18:50 - PADRÓN.- Estrada nacional – Campo de Fútbol
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 8 
19:15 - SADA.- Parada de Bus
19:25 - LORBÉ.- Parada de Bus
19:35 - MERA.- Parada de Bus
19:45 - SANTA CRUZ.- Parada de Bus (Maxi)
19:55 - PERILLO.- Parada de Bus (Habitat)
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.

DESTINO RIAZOR 8-A 
19:15 - BETANZOS.- Parada de Bus (Palco da Música)
19:25 - GUÍSAMO.- Parada de Bus
19:35 - O CARBALLO.- Parada de Bus
19:45 - SAN PEDRO DE NÓS.- Parada de Bus (La Raqueta)
19:50 - CAMBRE.- Glorieta do Paraugas
19:55 - O BURGO.- Parada de Bus – Intercambiador – Estación FFCC
20:00 - ACEA DA MA.- Parada de Bus
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.