RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adestramento de Os Nosos baixo o temporal con traballo táctico e accións de estratexia

O Dépor completou este venres 23 de xaneiro unha nova sesión de adestramento no Dépor Training Center con todo o cadro no céspede.

Antonio Hidalgo lembrou na sala de prensa que "vai avanzando a temporada e hai máis sobrecargas do normal. Onte (xoves) menos Patiño adestraron con normalidade (Yeremay e Eddahchouri). Son situacións que temos que ir controlando".

Do canteirán, o técnico deportivista desvela que "vén arrastrando unhas molestias desde principios de ano e temos que ter coidado coa carga que lle imos introducindo". "Son situacións que temos que controlar, que saber. Os xogadores non son robots e saber o sacrificio que está a facer Yere desde o primeiro día que estou aquí. Houbo unha evolución moi importante pola súa banda, convivir con esa dor. Está preparado para poder sufrir. Non é preocupante pero hai días que esas cargas as temos que controlar", apostila.

Ademais, confirma que Escudero, que xa entrou en convocatoria, e Ximo Navarro, "están a adestrar normal".

Sobre este último, o preparador branquiazul afirma que "esta semana empezou a liberarse un pouco máis. Vaise atopando mellor. Falarei con el a ver que sensacións ten".

Após unha activación, o corpo técnico dispuxo unha tarefa de finalizacións, un exercicio táctico e un repaso ás accións a balón parado con granizada final froito do temporal que estes días azouta a Galicia.

Noé foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Sobre o centrocampista santiagués, Antonio Hidalgo manifestou que "a xente nova está para axudarnos e non é para a galería. Noé foi entrando aos poucos, adestrando cada día connosco. Sabemos o potencial que ten, témoslle que seguir empuxando. Ten que evolucionar moitísimo en moitas cousas, ten que seguir mellorando pero estou contento co seu rendemento".

Este sábado 24 de xaneiro Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.