RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Adestramento de recuperación do Dépor Abanca en Termaria

O Deportivo Abanca adestrouse na tarde do mércores nas instalacións de Termaria, nunha sesión de recuperación na que o cadro recibiu ás novas incorporacións, as venezolanas Gaby García e Kika Moreno.

As xogadoras internacionais co combinado 'vinotinto' uníronse ás súas novas compañeiras nun adestramento de recuperación nas piscinas do spa situado na rúa Manuel Murguía. As futbolistas do Dépor Abanca relaxáronse cunha sesión de talasoterapia despois de subir a intensidade no traballo diario durante as pasadas semanas.

O equipo que dirixe Manu Sánchez non ten compromiso ligueiro a próxima fin de semana. O Deportivo Abanca volverá á competición o domingo 12 de febreiro, en Arteixo, fronte ao CD Monte, en partido correspondente á 18ª xornada do Grupo 1 da Segunda División Nacional.