RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Adestramento suave no Mundo do Fútbol

O persoal deportivista traballou este venres pola mañá nas instalacións de "O Mundo do Fútbol". Foi unha sesión moi suave para case todos, con baño e paso polas padiolas de masaxe. Algúns futbolistas corretearon polos campos ou mesmo disputaron partidi

César Martín, en rolda de prensa, cre que o Vilarreal é un equipo perigoso arriba. "Fichou a xente importante e seguro que vai ser un partido moi difícil", comentou. Non lle preocupa ao central asturiano a posible recuperación de Naybet tras superar a súa escordadura de nocello: "Eu o que teño estar é sempre a disposición do adestrador e en boas condicións. Á hora de decidir será o adestrador o que tome a decisión de quen xoga", indicou César.
Pola súa banda, Albert Luque confirmaba a posibilidade de que o vindeiro domingo poida aliñarse como dianteiro centro: " Parece que Walter ten molestias físicas e que Diego aínda está un pouco curto de preparación e si existe esa posibilidade. É unha posición que xa coñezo porque cheguei para iso ao Deportivo", indicou o catalán, que espera, se finalmente xoga, responder á confianza con goles. Iso si, Luque recoñeceu que disputar moitos minutos en banda esquerda permitiulle crecer e madurar como futbolista: "Obrígame, xogando nesa posición, a facer movementos e cousas que eu antes non realizaba. E creo que cada vez vou mellorando máis", recoñeceu o dianteiro deportivista.