RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adestramento táctico esta mañá para o Dépor, adaptándonos á esixencia

O Dépor realizou esta mañá entre os campos 2 e 3 de Abegondo unha nova sesión de preparación da 2ª xornada en LaLiga Hypermotion prevista para este venres 23 de agosto ás 21:30 (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos) no Alcoraz ante a SD Huesca.

En rolda de prensa, Pablo Vázquez advertiu que "o nivel se multiplicou con respecto ao ano pasado. Entón adaptándonos á esixencia, ao xogo un pouco distinto ao do ano pasado".

"Vexo ao equipo bastante ben", manifestou o central, un dos futbolistas do vestiario branquiazul con experiencia en LaLiga Hypermotion.

Imanol Idiakez dispuxo dunha activación cun xogo de posición no campo 2; e unha tarefa táctica e un partido no 3.

Escudero e Iano están con adestramento personalizado; mentres que Rubén López e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores, Os Nosos adestraranse en Abegondo por última vez esta semana posto que o xoves, día previo ao encontro no Alcoraz, o adestramento xa será na Cidade Deportiva da SD Huesca ás 19:00 horas.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK