Adestramento voluntario.<br>O mércores traballo en Abegondo
Esta mañá houbo sesión de traballo voluntario na cidade deportiva de Abegondo, onde se exercitaron Fernando, Molina, Manuel Pablo, Capdevila, Valerón, Tristán, Amavisca, Djalminha, Luque e Songo'ou.
O grupo ao completo regresará ao traballo este mércores ás 10:30 horas no mesmo escenario para continuar coa preparación do partido do sábado ante o Osasuna (O Sadar, 19:30 horas).