RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Adestramentos até o venres para o Dépor ABANCA nunha semana sen liga, "unha bendición" segundo Fran Alonso, con "máis tempo para transmitir a mensaxe"

O Dépor ABANCA adestrarase cada día en Abegondo até o venres 29 de novembro incluído nunha semana sen competición en Liga F polos compromisos das seleccións nacionais.

Na súa presentación onte martes na Cidade Deportiva, Fran Alonso cualificou como "unha bendición estas dúas semanas" de adestramentos até o partido en Granada previsto para o sábado 7 de decembro ás 12:00: "Máis tempo para preparar, máis tempo para tentar transmitir a mensaxe", indicou.

En décimo quinta posición na táboa con 6 puntos, o novo técnico subliñou que "é importante non cambiar todo. Hai moitas cousas que se fixeron moi ben. É un equipo que é unha piña. Hai cousas que imos aproveitar pero é certo que hai comportamentos que hai que corrixir".

Están estes días coa selección portuguesa Inês Pereira e coa española sub-23 Ainhoa Marín e Olaya Enrique.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 27 de novembro
10:45 h.

Xoves 28 de novembro
10:45 h.

Venres 29 de novembro
10:45 h.

Sábado 30 de novembro
Descanso

Domingo 1 de decembro
Descanso