RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Última semana de competición en 2025 para un Dépor "convencido de que imos competir mellor" ante a Real Sociedad en Copa o domingo 21 en ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA encara desde este mércores 17 de decembro a última semana de competición do ano 2025, co partido de oitavos de final da Copa de la Reina este domingo 21 de decembro ás 12:00 (TVG) en ABANCA-RIAZOR ante a Real Sociedad.

Fran Alonso está convencido que "o equipo vai competir mellor" que o pasado domingo en Zubieta en liga e ten "a sensación de que lles podemos facer máis dano".

Precisamente na competición ligueira, os resultados da última xornada deixaron ás Nosas en 13ª posición con 13 puntos.

O equipo realizará antes do choque copeiro ante as realistas 4 sesións de traballo matinais no campo 6 do Dépor Training Center, con esta planificación:

Mércores 17 de decembro
10:30 h.

Xoves 18 de decembro
10:30 h.

Venres 19 de decembro
10:30 h.

Sábado 20 de decembro
10:30 h.

Domingo 21 de decembro
12:00: Deportivo ABANCA - Real Sociedad, en ABANCA-RIAZOR