RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián Lapeña cre que o equipo se sentiu "cómodo" e Rubén Díez, que "deu un paso adiante"

Adrián Lapeña e Rubén Díez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR ao concluír o partido ante o CF Talavera de la Reina.

O central rioxano, que recoñeceu que non chegou a tocar o balón no segundo gol branquiazul, cre que o partido "o empezamos moi ben. Adiantámonos pronto no marcador. Estabamos a ter a facilidade para atoparnos no campo, facer pases cómodos, movernos dun lado a outro. Eles deixaban catro xogadores descolgados e cando perdiamos o balón transitábannos moi rápido. Son un equipo con xogadores moi técnicos. Os goles foron por iso, porque nos transitaron rápido".

Conclúe que "o equipo se atopou cómodo. Igual metémosnos un pouquiño atrás polas ganas de que non se nos escape o partido e porque as pernas nos pesaban un pouco da fin de semana pasada. O equipo en todo momento sentímonos cómodos. Cando defendemos non creo que o esteamos facendo mal. É verdade que nos penalizan moito as poucas ocasións que nos están facendo".

Entende que a #ANOSAFORZA gustaríalle que dominásemos todo o partido, que en ningún momento nos tocaseru defender. Pode parecer que nos estea sometendo o equipo rival pero nin moito menos. Nós levamos un plan de partido e moitas veces temos que xuntarnos en tres cuartos para deixar atacar e tamén roubar e transitar. Atacar contra liñas afundidas é moi difícil e hai veces que tamén tes que defender. Entendemos a opinión de todo o mundo e traballamos para que esa canción non se cante en ABANCA-RIAZOR", en referencia ao berro 'bótalle ovos' desde a bancada.

Pola súa banda, Rubén Díez, hoxe titular, opina que o partido "estivo bastante controlado. É verdade que o segundo gol deles chega cando o tiñamos bastante controlado tanto a nivel de xogo como de prevención de contras deles. Foi unha xogada máis illada que supuxo o 3-2 e a partir de aí empezaron a xogar máis ás toas, encerráronnos un pouco e pecamos de non saber ler o partido, de paralo un pouco, de levalo ao noso terreo".

O atacante aragonés afirma que "temos que estar contentos porque demos un paso adiante. Melloramos as sensacións que estabamos a dar nos primeiros partidos de liga. Isto é só o principio".

Lembra que "é moi difícil cambiar unhas sensacións non boas a moi boas nun partido. Isto ten un proceso e estamos niso".