RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Afundimento coruñés

Ao catro minutos o marcador estaba 1-1, pero despois Buyo sufriu outros dous goles antes do primeiro cuarto de hora... ao final afundimento coruñés con derrota ante o Arabés por 5 a 1.

5 a 1 en Mendizorroza

Os máis sorprendidos do desenlace deste encontro foron os propios seguidores do Arabés que en ningún momento chegaran a soñar con que o seu equipo lograse vulnerar por cinco veces a meta coruñesa. Pero o fútbol é así e en ocasións un conxunto ve facilmente o camiño do gol e entón o contrario vese desbordado....

Moi pronto marcou o Arabés pero rapidamente replicou o Deportivo por medio de Pousada... claro que a continuación os de casa volveron marcar con dous goles tras senllos fallos da defensa e a meta coruñés....