RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

AGALURE ofrecerá charlas formativas a futbolistas da Nosa Canteira

A dirección de Fútbol Formativo do RC Deportivo, co propósito constante da formación integral, non só futbolística, de todos os xogadores e xogadoras que forman parte da canteira do RC Deportivo, pechou con AGALURE a posta en marcha dun ciclo de charlas formativas.

AGALURE é unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía ou outras adiccións comportamentales.

Co obxectivo de que os futbolistas en formación do RC Deportivo coñezan a diferenza entre uso, abuso e adicción ao xogo e poidan ser conscientes dos riscos que existen ao redor desta problemática social, programáronse sesións de 60 a 90 minutos para os integrantes dos equipos de fútbol 11 do Club e o San Tirso: Fabril, xuvenil, cadete e infantil.

As charlas correrán a cargo dos profesionais especialistas de AGALURE, co apoio do departamento de psicoloxía do Club, nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, os últimos días de xaneiro e a primeira quincena de febreiro.