RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín asegura que "temos un bo grupo. Cremos que imos saír adiante"

Ainhoa Marín subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center após recibir o Premio Estrella á mellor xogadora do Dépor ABANCA por terceiro mes consecutivo que "a nivel físico estou a dar un paso adiante e iso pode verse reflectido a nivel individual no campo nos últimos minutos, que se cadra tomo mellores decisións individuais".

Apunta que a pesar da última derrota en Sevilla "o equipo está ben, temos un bo grupo. Cremos que imos saír adiante e que van saír resultados. Outra forma de xogar está a nos encaixar mellor, sentimos mellor. É verdade que necesita un proceso e non temos tempo pero o equipo está ben".

A internacional deportivista admite, iso si, que "nas dúas áreas temos que mellorar moito. Defensivamente temos que ser máis contundentes, mellores despexes, ser máis precisas; e sobre todo en ataque ser máis determinantes, acabar moitísimo mellor as xogadas, golpear moito máis... Estamos a traballalo. Levamos a semana pasada e esta incidindo aí. Esperemos que neste partido póidase ver un cambio", en referencia ao choque ante o Granada CF do sábado 6 de decembro ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.