RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín e Olaya Enrique destacan na brillante vitoria da selección española sub-23 ante Dinamarca

-Foto:@rfef.es

 

As futbolistas do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín e Olaya Enrique estiveron concentradas coa selección española sub-23 para disputar dous partidos internacionais amigables.

O segundo e último para As Nosas foi esta tarde ante Dinamarca na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Venceron brillantemente as españolas por 3-0 con participación das dúas deportivistas.

Ainhoa Marín saltou ao céspede no minuto 62 por Ainhoa Alguacil; e xutou nunha ocasion ao pau e participou de forma decisiva no terceiro gol de Jone Amezaga.  

Pola súa banda Olaya Enrique (na foto) tamén comezou no banco e relevou a Maite Valero no minuto 70.

No primeiro dos dous amigables, ante Bélxica o pasado xoves no campo San Íñigo da localidade aragonesa de Calatayud, venceron as españolas (1-0) nun partido no que Ainhoa Marín foi titular e xogou 75 minutos; mentres que Olaya saltou ao céspede no minuto 88 en substitución de Jone Amezaga, autora do tanto do triunfo.

Os resultados de España sub-23 nestes dous amigables foron os seguintes:

Xoves 20 de febreiro
ESPAÑA 1 - BÉLXICA 0

Martes 25 de febreiro
ESPAÑA 3 - DINAMARCA 0

Ao acabar este encontro, As Nosas regresan á Coruña para incorporarse á disciplina deportivista.