RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín renova polo Dépor ABANCA até 2028

Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) asinou a súa renovación no Deportivo ABANCA até xuño de 2028.

A atacante deportivista disputou 105 partidos oficiais coa camiseta deportivista desde a súa fichaxe na temporada 2021-22, cun total de 27 goles.

De todos eles destaca o 1-0 ante o Cacereño Femenino no partido que supuxo o ascenso das Nosas á Liga F.

Formada nas categorías inferiores (xogou en infantil, cadete e xuvenil) do FC Barcelona, Ainhoa Marín fichou en 2018 polo RCD Espanyol despois da súa única temporada nas filas do equipo B azulgrana. 

Xa como xogadora perica foi protagonista dunha das maiores xestas do fútbol español, posto que formou parte da selección sub-17 que se proclamou campioa do mundo da categoría a finais de 2018 en Uruguai.

Ainhoa Marín foi, ademais, internacional con España en categoría sub-19; sub-20; e, xa vestindo a camiseta do Dépor ABANCA, disputou minutos coa selección española sub-23, incluso facendo o gol do triunfo no desconto ante Francia nun amigable recente.