RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín xogou completo o amigable da selección española sub-23 ante Italia

-Foto:@rfef.es

 

Ainhoa Marín foi a representante do Deportivo ABANCA na concentración desta semana da selección española sub-23, que onte xoves se enfrontou a Italia na Ciudad del Fútbol de Las Rozas nun amigable.

A atacante deportivista xogou completo un partido que caeu ao lado italiano por 0-1.

Ao concluír, Ainhoa Marín regresou á Coruña e esta mañá xa se adestrou en Abegondo co resto do cadro do Dépor ABANCA.

Na lista inicial da selección española sub-23 estaba tamén a branquiazul Olaya Enrique, que finalmente quedou na Coruña a consecuencia dunhas molestias musculares na súa coxa dereita.