RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Alberto Quiles será intervido cirurxicamente este xoves no Hospital Quirón Saúde A Coruña

Alberto Quiles foi valorado esta tarde no Hospital Quirón Salud A Coruña polo cirurxián maxilofacial Álvaro García-Rozado, que, de acordo cos Servizos Médicos do Club que dirixe o doutor Carlos Lariño, estableceu a folla de ruta para a súa recuperación.

O dianteiro andaluz será intervido cirurxicamente este xoves pola tarde no citado centro hospitalario unha dobre fractura do seo maxilar e do chan da órbita, a consecuencia dunha patada que recibiu o pasado domingo no Nuevo Arcángel de Córdoba.

Unha vez realizada a intervención, o futbolista branquiazul comezará a súa recuperación en Abegondo.