Alto ritmo esta mañá para un Dépor obrigado a "adaptarnos ás condicións" nunha semana "distinta, longa"
O Dépor adestrouse de novo esta mañá en Abegondo de cara ao partido do próximo luns 17 de febreiro ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) en Castalia ante o CD Castellón.
En rolda de prensa, Rafa Obrador asegura que "temos que adaptarnos ás condicións que nos toca. É unha semana distinta, larga que nos vai a servir para preparar ben o partido".
O lateral zurdo deportivista pensa que "unha semana curta ten as súas cousas boas e as súas cousas malas, e a semana longa igual. O bo de ter eses 10 días é que temos tempo para descansar e tamén para preparar ben o seguinte partido".
Con Gauto, Escudero e Charlie Patiño hoxe con traballo personalizado, Óscar Gilsanz dispuxo unha activación cun xogo de duelos, un exercicio con 3 equipos ao ancho do campo e fútbol reducido, de alta intensidade.
Alberto e Kevin Sánchez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Mañá xoves o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 en Abegondo.