RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álvaro Rey incorporouse esta mañá ao traballo de grupo

Álvaro Rey entra na recta final da súa recuperación e esta mañá completou a sesión de traballo con todos os seus compañeiros en Abegondo.

Os Servizos Médicos do Club agardarán agora aos seguintes adestramentos para comprobar se o atacante sevillano está en condicións de competir a fin de semana.

Así pois, con traballo individualizado están, a día de hoxe, os futbolistas Víctor, Miku e Diego Villares.

Trilli, que segue con adestramento personalizado, Yeremay, Iván Guerrero, Alberto, Dani Barcia e Brais Val foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Non estivo en Abegondo Noel, concentrado coa selección española sub-19 para o Minitorneo Elite do Campionato de Europa da categoría que arranca hoxe en La Nucía.

Nunha semana longa de traballo no Dépor posto que a próxima cita no grupo 1º de Primera RFEF será o domingo 27 de marzo ás 12:00 no estadio ABANCA-Balaídos ante o RC Celta B, Borja Jiménez dispuxo un exercicio táctico de defensa-ataque no campo 2 como tarefa principal. A mañá finalizou con fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

O cadro adestrarase de novo na Cidade Deportiva mañá xoves a partir das 10:30, con almorzo na instalación a partir das 9:00.