RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álvaro Rey, novo xogador do Dépor 2021-2022

Álvaro Rey Vázquez (Sevilla, 11 de xullo de 1989) converteuse en novo xogador do Real Club Deportivo para o que resta de campaña con opción a ampliar a súa vinculación.

O extremo andaluz acaba de rescindir contrato co Club Bolívar, equipo boliviano ao que se incorporou en agosto de 2020.

Formado na canteira do AD Nervión da súa cidade natal, Álvaro Rey conta cunha ampla experiencia na segunda e terceira categorías do fútbol español, así como un importante currículo no estranxeiro.

Ademais, de xogar en Bolivia, Álvaro Rey tamén militou na liga profesional estadounidense, no Toronto FC (2013-2014) e o Columbus Crew (2014); en Grecia co Panetolikos YFS (2017), e en Polonia nas filas do MZKS Arka Gdynia (2017).

No fútbol nacional formou parte do Real Betis C (2008-2010), Real Betis B (2010), CF Pobla de Mafumet (2010), Gimnàstic de Tarragona (2010-2012), Xerez CD (2012-2013), AD Alcorcón (2014-2015), Real Murcia CF (2015), novamente AD Alcorcón (2015-2016), Racing Club de Ferrol (2018) e CD Mirandés (2018-2020). Precisamente con este último equipo logrou o ascenso a Segunda División no curso 2018-2019.

A súa bagaxe na categoría de prata do fútbol nacional é de 160 partidos (83 como titular) e 9 goles, mentres que na división de bronce suma 64 encontros (50 como titular) e 10 tantos.

Álvaro Rey xa se adestrou esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo cos seus novos compañeiros tras pasar o preceptivo recoñecemento médico nas instalacións do Hospital Quirón Salud A Coruña.