RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Amavisca cre que na ida o Deportivo fixo un bo partido

Emilio Amavisca compareceu esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". O cántabro cre que o Deportivo "fixo un bo partido na ida" e que por el, os que xogaron en Madrid xogarían tamén en Riazor no choque de volta an

Desgraciadamente os fins de semana sinto máis pai de familia que futbolista", laméntase o interior zurdo. Iso si, está disposto a seguir loitando para cambiar esta situación.
Pola súa banda, Sergio González, o outro deportivista que compareceu ante os medios informativos, afirma que "a Copa do Rei é unha competición que aínda que ao principio pode parecer pouco atractiva, se se gaña, é moi bonito". O catalán ten dous títulos copeiros, logrados co Espanyol e co Deportivo.
Respecto dos asubíos escoitados o pasado domingo ante o Real Racing Club, Sergio asegura que o público "é o que paga e sempre ten a razón; aínda que na miña opinión é aquí demasiado esixente. Creo que o domingo, e despois do partido de Vigo, a xente sufriu unha contradición grande e expresouno en forma de pitos".