RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Amavisca destaca o bo ambiente de Vilalba

O deportivista José Emilio Amavisca destacou este mañá en Vilalba o "bo ambiente" que se vive na concentración deportivista.

"Tanto os que saben que poden estar na lista como os que cren que non van estar estamos a traballar nunha gran harmonía. E iso é moi positivo para o equipo. Oxalá que sexa un prólogo de todo o ano".

Pola súa banda, Javier Irureta fixo tamén un balance positivo do vivido en Vilalba e asegurou que a lista oficial para a liga "estará antes da Supercopa ante a Valencia en Riazor. Eu téñoa xa bastante clara", apuntou o técnico deportivista.