RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Amavisca, novo xogador do Deportivo

José Emilio Amavisca foi presentado esta tarde noite como xogador do Deportivo da Coruña para o tres próximas campañas. O xogador, natural de Laredo (Cantabria), militou no Racing de Santader nas últimas tempadas.

Con anterioridade xogou no Valladolid, o Lleida e o Real Madrid. Amavisca naceu o 19 de xuño de 1971, mide 1,82 m. e pesa 68kg.

O xogador, que chegou esta mesma tarde á cidade herculina con varias horas de atraso sobre o horario previsto, mostrouse moi satisfeito e ilusionado por fichar polo actual subcampión de España e por volver ás competicións europeas e estar na elite do fútbol español. O xogador manifestou o seu pesar por deixar o seu fogar en Santander, pero asegurou "seguro que aquí estaremos como en casa".

Augusto César Lendoiro manifestou a súa satisfacción pola incorporación, un xogador polo que o Deportivo se interesou xa fai un par de campañas.

O traspaso do Racing de Santander ascende a 300 millóns de pesetas e o acordo é de tres tempadas con opción para o Club de renovarlle por unha campaña máis.