RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Amavisca<br>Non hai que esquecer o que queda por diante

Jose Emilio Amavisca comparecía hoxe en rolda de prensa tras o adestramento realizado polo equipo en Riazor. O xogador manifestaba que agora hai que centrarse no partido contra o Raio.

Cando se lle preguntou pola alegría da Copa o xogador contestou que fué un momento irrepetible pero que agora hai que deixar a festa para final de tempada e centrarse no partido de mañá: "estamos niso e non hai que esquecer o que temos por diante para gañar outro título, quedan 10 partidos de Liga e este título ten que servir para reforzar a nosa posición".

"É complicado manter o mesmo nivel de concentración que tivemos no Bernabeu pero hai que facelo, quedan dous meses de esforzo" comentou o xogador. Do partido contra o Raio afirmou que "é un partido perigoso porque despois dunha alegría pode chegar unha relaxación pero contra isto temos que loitar."