RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Amigables dos dous equipos alevíns hoxe luns e mañá martes

Os dous equipos alevíns do Deportivo teñen partido amigable esta semana que arranca.

Hoxe luns, o Alevín A enfróntase á Selección Comarcal da Coruña, ás 19:00 no campo de herba artificial de Abegondo. O choque será de fútbol oito.

O conxunto deportivista é o actual líder do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once, con 27 puntos, a 6 puntos de distancia dos seus inmediatos perseguidores, o Ural A e o Calasanz A, segundos con 21 puntos.

Pola súa banda, o Alevín B mídese mañá martes 4 de abril ás 19:00 horas ao Calasanz A. O encontro tamén será no campo de herba artificial de Abegondo.

O Alevín B manda no Grupo 1º da Segunda Fase con 31 puntos, 3 puntos máis que o Calasanz C, segundo na táboa con 28 puntos.