RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Ana de Teresa, nova xogadora do Dépor ABANCA 2023-24

Ana Lucía de Teresa Romero (Ibiza, Baleares, 5 de novembro de 2001) converteuse na quinta fichaxe do Dépor ABANCA para a campaña 2023-24.

Ana de Teresa, tamén coñecida como ADT, é unha dianteira que chega libre ao Deportivo ABANCA após finalizar a súa vinculación co Levante UD, club que a cedeu a pasada temporada ao Sporting Club de Huelva.

A dianteira ibicenca xogou nos conxuntos C e B do club granota desde 2017. No conxunto valenciano debutou co primeiro equipo na máxima categoría nacional durante o curso 2019-20. As dúas campañas posteriores foi cedida a senllas formacións da división de honra: Rayo Vallecano (2020-21) e SD Eibar (2021-22).

Co equipo vallecano disputou 18 partidos, 15 deles de inicio, e marcou 5 goles. Co cadro armeiro participou en 16 encontros, 7 como titular, e fixo 1 tanto.

No curso recentemente finalizado, na súa terceira cesión consecutiva, xogou 19 partidos, 11 de titular, e anotou 2 goles nun Sporting Club de Huelva no que a máxima anotadora foi a eslovaca Patrícia Hmírová con 3 dianas.

En total, Ana de Teresa disputou 54 partidos e marcou 8 goles na máxima categoría nacional, ademais de 18 encontros e 7 tantos na súa única campaña na división de prata, co segundo equipo do Levante UD.

Ana de Teresa súmase ao cadro deportivista 2023-24 tralas renovacións de Lucía Alba, Henar Muiña e Cris Martínez durante o curso 2022-23, as recentes ampliacións de Millene, Raquel García, Charle, Samara, Carlota Sánchez e Eva Dios, as xogadoras con contrato en vigor: Inés Altamira, Paula Gutiérrez e Ainhoa Marín, e as fichaxes de Clara Rodríguez (FC Barcelona B), Laurina (Real Betis Féminas), Sara Debén (Fundación Albacete Femenino) e Ayaka Noguchi (CP Cacereño Femenino).