O atleta coruñés Andrés Díaz compite hoxe na final dos Campionatos do Mundo de Sevilla. Díaz estará acompañado por outros dous españois, Fermín Cacho e Reyes Estévez, que tamén se han clasificados e que tentarán facerse un oco no podio.
O máximo rival do coruñés, ademais dos dous españois, é o marroquí O Guerrouj, primeiro clasificado na primeira semifinal celebrada o fin de semana e principal favorito á medalla de ouro. Andrés clasificouse na segunda semifinal por detrás de Noah Ngeny, de Kenia, conseguindo o segundo mellor tempo da semifinal.
Como é de todos coñecido, Díaz é un gran seguidor do Deportivo e por iso, hoxe máis que nunca, os deportivistas desexámoslle o mellor. Sorte para o noso campión!