RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

ANOSACANTEIRA feminina, pendente este domingo 27 do CD Bovedana - Dépor ABANCA B polo título e o ascenso a Segunda Federación

A fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina pasa pola localidade zamorana de Bóveda de Toro. Neste pobo de apenas 680 habitantes, o Dépor ABANCA B pode lograr este domingo 27 ás 12:00 o ascenso a Segunda Federación por primeira vez na súa historia.

Ao filial élle suficiente con derrotar ao CD Bovedana, 8º na táboa con 45 puntos.

Iso si, se o RC Celta non gaña o seu partido ante o Olímpico de León, á mesma hora na Madroa, o ascenso será matemático para As Nosas.

En canto ao resto da xornada, o sábado 26 o Orzán SD Cadete arrinca os cuartos de final da Liga Galega. Visita ao Bergantiños CF no partido de ida ás 16:00 no Anexo das Eiroas.

Ás 11:00 xogan os infantís na segunda fase da Liga Galega, o A en Lugo ante o SCD Milagrosa e o B en Eirís ante o UD Cerqueda.

Para o domingo 27 quedan ademais o partido do Orzán SD Sub-21 en Calo (18:45) na Primera Autonómica e do Orzán SD Xuvenil na Torre ante o SCD Pastoriza (18:00) en Segunda Autonómica.

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
29ª xornada: CD BOVEDANA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 27 de abril ás 12:00 no Complexo Deportivo Municipal de Bóveda de Toro
Clasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 73 puntos; 2. Olímpico de León, 72 puntos; 3. RC Celta, 69 puntos... 8. CD Bovedana, 45 puntos...

Primera Autonómica
28ª xornada: SR CALO - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 27 de abril ás 18:45 no Municipal de Rebordelo (Teo)
Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21 e RC Celta B, 67 puntos; 3. EFM Concello de Boiro, 65 puntos; 4. SD O Val, 46 puntos... 12. SR Calo, 29 puntos...

Segunda Autonómica
28ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SCD PASTORIZA, o domingo 27 de abril ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 2. SCD Pastoriza, 69 puntos; 3. Orzan SD Xuvenil e UD Carral, 57 puntos; 5. SD Tordoia e Sporting Burgo, 51 puntos...

Liga Galega cadete
Clasificación final do grupo 1º: 1. Orzán SD Cadete, 57 puntos; 2. Victoria CF, 54 puntos...

Fase Final polo Título Galego cadete, cuartos de final, ida: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD CADETE, o sábado 26 de abril ás 16:00 no Anexo das Eiroas

Liga Galega infantil, segunda fase
5ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 26 de abril ás 11:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación do grupo 1A: 1. Orzán SD Infantil A e SCD Milagrosa, 12 puntos; 3. Racing de Ferrol, 6 puntos...

5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - UD CERQUEDA, o sábado 26 de abril ás 11:00 no Municipal de Eirís
clasificación do grupo 2A: 1. UC Cee, 12 puntos; 2. Orzán SD Infantil B e UD Cerqueda, 9 puntos; 4. Silva SD e Sporting Burgo, 3 puntos...