Alevín B e Benxamín B disputaron hoxe sábado un torneo amigable en Vila de Cruces (Pontevedra) e en Callobre respectivamente.
Mañá domingo, #ANOSACANTEIRA compite en Cerceda (Alevín B e Benxamín B) e na Pobra (Alevín A e Benxamín A).
O Alevín B cae na Primeira Fase da Galo Cup 2018
O Alevín B competiu hoxe sábado 26 de maio na Galo Cup 2018, que se disputou no campo municipal de O Camballón en Vila de Cruces (Pontevedra).
O cadro branquiazul gañou 1 partido e perdeu 2; co que quedou apeado nesta Primeira Fase.
Os seus resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
ALEVÍN B 1 (Vergara) - SANTA MARIÑA 0
ALEVÍN B 2 (Eli e Álex) - ATLÉTICO DE MADRID 3
PORTERO 2000 2 - ALEVÍN B 1 (Jairo)
O Benxamín B, sexto no Torneo Concello da Estrada
O Benxamín B participou hoxe sábado 26 de maio na terceira edición do Torneo Concello da Estrada, no campo de San Martiño (Callobre). A competición foi organizada polo club Escola Estrada Fútbol Base.
O Benxamín B foi sexto, unha posición moi meritoria dado que moitos dos seus rivais estiveron formados por xogadores un ano maiores que os branquiazuis.
Os resultados do cadro branquiazul foron os seguintes:
Primeira Fase
ATLÉTICO DE MADRID 0 - BENXAMÍN B 0
BENXAMÍN B 6 (Paulo -2-, Ronquete, Ioan, Uxío e Gael) - PABELLÓN OURENSE 0
Segunda Fase
BENXAMÍN B 2 (Paulo -2-) - CRISTO DE LA VICTORIA 0
BENXAMÍN B 7 (Paulo -2-, Ioan -2-, Sergio, Gael e Ronquete) - ATLÉTICO RIVEIRA 0
Cuartos de final
CALASANZ 1 - BENXAMÍN B 0
Fase de Consolación
BENXAMÍN B 2 (Ronquete e Nico) - LUGO 1
BENXAMÍN B 1 (Uxío) - REAL MADRID 6
Alevín B e Benxamín B comparten cartel en Cerceda
O Alevín B e Benxamín B comparten cartel da 12ª edición do Torneo Concello de Cerceda, que se xoga mañá domingo 27 de maio no campo de O Roxo (Cerceda).
Ambos os equipos fan dobrete a fin de semana, posto que o Alevín B xogou hoxe sábado a Galo Cup 2018 en Vila de Cruces (Pontevedra); e o Benxamín B o Torneo Concello da Estrada en Callobre.
En Cerceda, o Alevín B quedou encadrado no grupo D, co Atlético Arteixo, SD Tordoia e Atlético San Pedro.
O calendario de partidos para o equipo deportivista é o seguinte:
Primeira Fase
11:30: ALEVÍN B - ATLÉTICO ARTEIXO (campo 1)
13:30: ALEVÍN B - SD TORDOIA (campo 1)
16:30: ALEVÍN B - ATLÉTICO SAN PEDRO (campo 1)
O primeiro clasificado accede ás semifinais, que se xogan xa a continuación.
Pola súa banda, o Benxamín B terá como primeiros rivais no grupo B ao Laracha CF, EF Luís Calvo A e Oza Juvenil SD.
O seu calendario de partidos na Primeira Fase é o seguinte:
Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN B - LARACHA CF (campo 2)
12:30: BENXAMÍN B - EF LUÍS CALVO A (campo 2)
15:30: BENXAMÍN B - OZA JUVENIL SD (campo 2)
O primeiro de grupo pasa a semifinais, que arrincan ás 17:00 horas.
Dobre representación nun torneo solidario na Pobra
Dous equipos do RC Deportivo (Alevín A e Benxamín A), participarán mañá domingo 27 de maio no campo da Alta na primeira edición do Torneo Solidario Concello da Pobra, na modalidade de fútbol-8. Todo o diñeiro recadado pola organización irá destinado á Asociación Española contra o Cancro.
O Alevín A, na Primeira Fase, quedou encadrado no grupo B, co ED Val Miñor Nigrán, Xuventude de Oroso e Pabellón de Ourense.
O calendario de partidos, todos no campo Ferdoba, é o seguinte:
10:09: ALEVÍN A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN
11:41: ALEVÍN A - PABELLÓN OURENSE
13:13: ALEVÍN A - XUVENTUDE OROSO
Os dous primeiros de cada grupo acceden aos oitavos de final, que se xogan xa a continuación.
Pola súa banda, o Benxamín A terá como primeiros rivais ao CD Lugo, Sestao River e Crocha Balompé.
O calendario de partidos do equipo que prepara Pablo Barros, todos no campo Seguros Reale, é o seguinte:
10:09: BENXAMÍN A - SESTAO RIVER
12:50: BENXAMÍN A - CROCHA BALOMPÉ
14:23: BENXAMÍN A - CD LUGO
O primeiro de cada grupo e os dous mellores segundos dos 6 grupos accederán a cuartos de final, que arrincan ás 17:50.
