RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol recibe a Perú este martes 2 de decembro na Liga de Nacións

Michi Apóstol está concentrada coa súa selección, Venezuela, para dous partidos correspondentes á CONMEBOL Liga de Nacións 2025.

A segunda cita será este martes 2 de decembro ás 19:00 (hora local, 00:00 do mércores 3 en Galicia) fronte a Perú no Estadio Metropolitano de Lara.

A 'Vinotinto' chega ao choque con 5 puntos, situada provisionalmente na 2ª posición da táboa.

O primeiro dos partidos foi na madrugada do venres ao sábado fronte a Ecuador no Estadio Rodrigo Paz Delgado de Quito.

A canteirá deportivista seguiu desde o banco un encontro que acabou en empate sen goles (0-0).

O calendario de partidos da futbolista branquiazul é o seguinte:

Venres 28 de novembro
ECUADOR 0 - VENEZUELA 0

Martes 2 de decembro
19:00 (hora local, 00:00 do mércores 3 en Galicia): VENEZUELA - PERÚ, no Estadio Metropolitano de Lara en Cabudare (Venezuela)

No que vai de temporada, Michi Apóstol participou en 3 partidos en Liga F e tamén foi titular no partido de Copa de la Reina disputado no Estadio Parque Atlántico de Las Palmas de Gran Canaria ante o Guiniguada Apolinario CD.

No Dépor ABANCA B, a internacional venezolana xogou 9 partidos, todos eles de titular, e anotou 2 goles.