RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol pecha 2025 con triunfo ante Perú e liderado da Liga de Nacións

-Foto:@https://x.com/FemeninoFVF

 

Michi Apóstol (na foto na primeira fila con dorsal 16) estivo concentrada coa súa selección, Venezuela, para dous partidos correspondentes á CONMEBOL Liga de Nacións 2025.

A segunda cita foi esta pasada madrugada en Galicia fronte a Perú no Estadio Metropolitano de Lara.

Goleou a 'Vinotinto' por 6-0 e acaba 2025 á fronte da clasificación do torneo con 8 puntos.

Ante as peruanas, Michi Apóstol seguiu o partido desde o banco e non chegou a saltar ao céspede.

O primeiro dos partidos foi na madrugada do venres ao sábado fronte a Ecuador no Estadio Rodrigo Paz Delgado de Quito.

A canteirá deportivista tampouco tivo minutos nun encontro que acabou en empate sen goles (0-0).

Michi Apóstol incorpórase este venres 5 de decembro aos adestramentos co Dépor ABANCA.

Os resultados da futbolista branquiazul foron os seguintes:

Venres 28 de novembro
ECUADOR 0 - VENEZUELA 0

Martes 2 de decembro
VENEZUELA 6 - PERÚ 0

No que vai de temporada, Michi Apóstol participou en 3 partidos en Liga F e tamén foi titular no partido de Copa de la Reina disputado no Estadio Parque Atlántico de Las Palmas de Gran Canaria ante o Guiniguada Apolinario CD.

No Dépor ABANCA B, a internacional venezolana xogou 9 partidos, todos eles de titular, e anotou 2 goles.