RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga e Claudia Sande poñen fin a unha semana de traballo en Las Rozas cun amigable entre a selección española sub-17 e sub-16

-Foto:@rfef.es

 

Antía Veiga e Claudia Sande participaron esta semana nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) coa selección española sub-17 e sub-16 respectivamente.

Ambas as xogadoras, coas súas respetivos equipos, enfrontáronse nun amigable de preparación co que se puxo o punto e final a estas xornadas de traballo.

O pasado mes de novembro, a gardameta do Dépor ABANCA B foi titular coa sub-17 no tres partidos da Rolda 1 do Campionato de Europa da categoría en Portugal; con Bulgaria, Hungría e Portugal como rivais.

En outubro, foi convocada para o Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.

Con contrato en vigor até 2028, Antía Veiga leva até a data 8 partidos disputados de titular co Dépor ABANCA B en Segunda Federación.

Claudia Sande estreouse co filial ante o Atlético de Madrid C

Pola súa banda, Claudia Sande repite convocatoria coa selección española sub-16 posto que xa foi convocada por este combinado nacional o pasado mes de setembro de 2025.

A temporada pasada, Claudia Sande entrou en varias listas da selección española sub-15, incluíndo a súa participación en amigables ante Inglaterra ou un Torneo Desarrollo UEFA en Portugal.

A atacante deportivista milita no Orzán SD Sub-21 de Tercera Federación, equipo co que suma 10 partidos xogados, todos eles de titular, e 4 goles.

A pasada fin de semana, a futbolista coruñesa debutou en Segunda Federación co Deportivo ABANCA B no seu partido en Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid C. Substituíu no minuto 83 a Laura Ruiz.