RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga mídese este mércores a Inglaterra nun amigable da selección española sub-17

-Foto:@https://x.com/SEFutbolFem

 

Antía Veiga (na foto de pé a primeira xogadora empezando pola esquerda) xa está concentrada coa selección española sub-17 na localidade alacantina de Alfaz del Pi para un partido amigable ante Inglaterra.

O encontro xogarase este mércores 17 ás 11:00 no Estadio Camilo Cano de La Nucía.

Ao concluír o partido, a canteirá regresará á Coruña.

Esta concentración servirá para preparar a Copa Mundial Feminina sub-17 da FIFA que se celebrará en Marrocos entre o 17 de outubro e o 8 de novembro. 

Antía Veiga, que chegou en cadetes a #ANOSACANTEIRA, acaba de renovar o seu contrato polo RC Deportivo até xuño de 2028.

A pasada fin de semana, o internacional branquiazul foi titular no encontro de Segunda Federación do seu equipo, o Dépor ABANCA B, en Getxo ante o Bizkerre Club.