Antón Vilariño (na foto co dorsal 5) uniuse á longa lista de internacionais de ANOSACANTEIRA integrada por Yeremay, Michi Apóstol, David Mella, Kevin Sánchez, Raúl Lema, Nico Balbas, Nikolay Dyulguerov, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande ou Dunia Dahmouni, entre outros.
Este central zurdo que milita no Infantil A de División de Honra estivo concentrado coa selección española sub-14 para dous amigables en Alfaz del Pi (Alicante).
O segundo e último foi ante Irlanda do Norte, no que foi titular. Foi relevado no descanso por Pol Sabadí.
O triunfo foi claro para os españois por 5-0 despois de dominar claramente ao seu rival.
O primeiro dos amigables xogouse ante Qatar sub-15 este martes 6 de maio tamén no complexo Albir Garden.
Antón arrincou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 54 en substitución de Pol Sabadí. O partido acabou en táboas (1-1) con empate catarí no último minuto.
Os resultados de Antón Vilariño coa selección española sub-14 foron os seguintes:
Martes 6 de maio ESPAÑA 1 - QATAR (sub-15) 1
Xoves 8 de maio ESPAÑA 5 - IRLANDA DEL NORTE 0
O defensor deportivista, que chegou a ANOSACANTEIRA ao Fabril FC Benxamín procedente do Imperátor OAR, leva esta temporada 25 partidos xogados, 23 deles como titular, nos que anotou 6 goles.