RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "ABANCA-RIAZOR ten que ter ese punto de éxtase, de tolemia para poder empuxarnos neses momentos de dificultade"

Antonio Hidalgo advertiu na sala de prensa do Dépor Training Center de "a dificultade que teñen sempre os equipos de Jose Alberto", adestrador do Real Racing Club, rival este domingo 25 de xaneiro ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR. "Vannos a estresar moitísimo, vannos a esixir moitísimo. Temos que ter un compromiso total especialmente sen balón. Tamén facerlle moito dano cando teñamos o balón", engade.

O técnico deportivista quere "animar a #ANOSAFORZA para que poida estar o domingo. É un partido no que ABANCA-RIAZOR tennos que empuxar moitísimo; ten que ter ese punto de éxtase, de tolemia para poder empuxarnos neses momentos de dificultade".

Lembra que "a puntuación até agora estanos dicindo que hai un bo traballo detrás sabendo que hai que volver sumar de 3 porque a igualdade na parte alta é máxima e convencidos do traballo que vimos facendo".

Subliña que o Real Racing Club "ten unha idea moi clara do que quere ser como equipo. O máis importante é que non che desesperes. Ten tanto volume ofensivo que hai un momento no que seguramente che poidas desesperar. Compite ao límite do regulamento. Iso na nosa cabeza témolo que ter".

Antonio Hidalgo apunta que "eles son capaces de irche a buscar, de esperarche nun bloque máis baixo, de transitar... Ten moitas variantes e por algo está o primeiro na clasificación. Ten un gran traballo detrás, de tempo co seu adestrador".

Vaticina un partido "bonito no que a implicación ten que ser máxima dos xogadores neses dobres e triplos esforzos que vimos reclamando".

Finalmente asegura que "nós tamén temos moito volume. Imos facerlles dano seguro e que eses pequenos detalles véñannos do noso lado sobre todo porque estamos en ABANCA-RIAZOR, con #ANOSAFORZA".